Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o exministro de Cultura e Deporte José Guirao

Falece o exministro de Cultura e Deporte José Guirao

O xestor cultural foi nomeado ministro de Cultura por Pedro Sánchez en 2018 e ocupou o cargo ata o ano 2020

G24.gal 11/07/2022 09:11 Última actualización 11/07/2022 10:00

O exministro de Cultura José Guirao Cabrera faleceu esta madrugada aos 63 anos no seu domicilio de Madrid tras unha longa enfermidade, segundo confirmou a Fundación Montemadrid.

O xestor cultural foi nomeado ministro de Cultura por Pedro Sánchez en 2018 e ocupou o cargo ata o ano 2020. Previamente, fora director  do Museo Nacional de Arte Reina Sofía entre os anos 1994-2000 e incorporárase á Fundación Montemadrid para traballar na apertura dun novo centro sociocultural.

O velorio permanecerá aberto dende as 16:00 horas deste luns no tanatorio San Isidro, onde o martes ás 12:00 se oficiará un responso para familiares e amigos, tras o que será incinerado.

Sánchez lamenta a morte de Guirao

O presidente do Goberno Pedro Sánchez lamentou a morte do exministro de Cultura José Guirao, a quen se referiu no seu perfil de Twitter como "un home nobre e brillante".

Para Sánchez, hoxe "é un día triste" pola perda de "todo un referente na xestión cultural, que puxo con gran virtude o seu amor pola cultura ao servizo do noso país". O xefe do Executivo trasladou un "sentido abrazo" aos seus familiares e amigos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade