Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dunha furgoneta tras colidir contra un camión en Rodeiro

Falece o condutor dunha furgoneta tras colidir contra un camión en Rodeiro

A vítima, un home de 44 anos, quedou ferido de gravidade debido ao impacto, pero finalmente faleceu cando estaba sendo trasladado en helicóptero ao hospital

G24.gal 31/05/2023 12:20 Última actualización 31/05/2023 14:12

Un furgón de repartimento bateu contra un camión de transporte de pedra en Rodeiro. O condutor da furgoneta, un home de 44 anos, quedou ferido de gravidade debido ao impacto, pero finalmente faleceu cando estaba sendo trasladado en helicóptero ao hospital.

A Garda Civil investiga as circunstancias deste aparatoso accidente, ocorrido á primeira hora da mañá na estrada PO-212, á altura de Negrelos. Ao parecer o camión iniciaba a manobra para desviarse á esquerda cara a outra estrada, e viuse sorprendido pola furgoneta que supostamente iniciaba un adiantamento

Co impacto, a furgoneta saíu despedida cara ao lateral da estrada, levou por diante un dos indicadores do desvío e deu varias volta pola beiravía e por un carril de servizo ata acabar parada a carón dunha leira.

Foi un particular o que alertou o 112 Galicia de que unha persoa estaba tendida no chan porque saíra despedida.

Os equipos sanitarios que acudiron ao lugar do accidente lograron evacuar o condutor con vida, pero faleceu durante o traslado ao hospital. Tiña 44 anos e facía o repartimento de prensa escrita pola zona.

Parte da carga seguía á media maña aínda esparexida arredor do coche, mentres os axentes de Tráfico completaban o atestado e os operarios de mantemento recollían os restos do golpe e reacondicionaban a vía. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade