Falece o actor Eusebio Poncela aos 79 anos
Protagonizou filmes como 'La ley del deseo' e foi candidato aos Goya por 'Intacto'
Case seis décadas dedicado ao teatro, o cine e a televisión

O actor Eusebio Poncela, protagonista de películas como La ley del deseo, de Pedro Almodóvar, faleceu este mércores aos 79 anos, segundo informou a Academia de Cine.
Veterano actor, produtor e guionista español, en 2001 foi candidato aos Premios Goya a Mellor Actor Protagonista pola película Intacto.
Ademais de pintor, dedicou preto de sesenta anos ao teatro, ao cine e á televisión.
Na pequena pantalla protagonizou series como Los gozos y las sombras, Las aventuras de Pepe Carvalho ou Águila roja, e sobre os escenarios participou en obras como Esto no es La casa de Bernarda Alba ou El beso de la mujer araña.
Artista combativo, chegou a afirmar nunha entrevista que durante a súa vida profesional foi censurado “por maricón, por pobre, por artista, por xonqui”.
Nacido en Madrid o 15 de setembro de 1945, criouse en plena ditadura franquista no popular barrio de Vallecas.