Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Lisa Marie Presley aos 54 anos tras sufrir un paro cardíaco

Falece Lisa Marie Presley aos 54 anos tras sufrir un paro cardíaco

A súa nai Priscilla Presley confirmou o falecemento de Lisa Marie a través dun comunicado

G24.gal 13/01/2023 08:25

A cantante Lisa Marie Presley, filla única de Elvis Presley, faleceu este xoves aos 54 anos despois de ser hospitalizada por un paro cardíaco. A súa nai Priscilla Presley confirmou o falecemento de Lisa Marie a través dun comunicado proporcionado por un representante á cadea de televisión estadounidense CNN.

"Priscilla Presley e a familia Presley están conmocionados e devastados pola tráxica morte da súa amada Lisa Marie. Están profundamente agradecidos polo apoio, o amor e as oracións de todos e piden privacidade durante este momento tan difícil", reza o comunicado.

Horas antes, Priscilla informou a través dunha publicación en Instagram de que a súa filla fora trasladada de urxencia a un hospital local. Lisa Marie estaba inconsciente na súa casa de Calabasas; tanto o seu exmarido Danny Keough como, posteriormente, os sanitarios realizaron reanimación cardiopulmonar, segundo informa a revista TMZ.

Esta mesma semana, Lisa Marie Presley asistiu á gala dos Globos de Ouro 2023 nos Ánxeles, para apoiar o actor Austin Butler, que interpretaba a Elvis Presley nunha película biográfica musical e que fora proposto para mellor actuación nunha película dramática, galardón que finalmente obtivo. Nada en 1968, Lisa Marie seguiu os pasos do seu pai e proxectou unha carreira na música, con tres discos. O primeiro deles, en 2003, vendeu miles de copias e recibiu críticas xeralmente positivas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos