Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Jesús Alonso Fernández, o fundador de Jealsa

Falece Jesús Alonso Fernández, o fundador de Jealsa

Faleceu en Boiro aos 92 anos

Jesús Alonso creou Jealsa hai máis de 60 anos Jesús Alonso creou Jealsa hai máis de 60 anos
G24.gal 27/05/2022 17:23 Última actualización 27/05/2022 18:06

Faleceu en Boiro, aos 92 anos, Jesús Alonso Fernández, fundador da conserveira Jealsa.
Unha das súas últimas aparicións públicas foi en 2019, na cea de Nadal coa que Alonso tradicionalmente agasallaba os seus empregados.

Jesús Alonso levantou da nada o imperio conserveiro que hoxe é Jealsa, cunha facturación que supera os 700 millóns de euros e con presenza en todo o mundo.
Pero onde Alonso empezou a súa traxectoria empresarial foi no sector téxtil, creando a fábrica de punto, Jealfer,  e que aínda segue en pé.

Jesús Alonso foi ademais alcalde de Boiro co Partido Popular durante dúas lexislaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos