Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece aos 98 anos Antía Cal, unha das grandes pedagogas de Galicia

Falece aos 98 anos Antía Cal, unha das grandes pedagogas de Galicia

En 1961 funda en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, onde realiza unha pedagoxía innovadora e progresista

 'Antía Cal', programa especial na G2, que xa se pode ver na web

G24.gal 30/03/2022 11:41

A educadora galega Antía Cal Vázquez faleceu aos 98 anos, segundo informou este mércores o director xeral da editorial Galaxia, Francisco Castro, quen a definiu como "unha das grandes pedagogas de Galicia"

Francisco Catro publicaba a triste nova na súa conta de Twitter.

O director xeral da editorial Galaxia lembra que Antía Cal sempre defendeu que "ver ben dada unha clase é como ir a un concerto dunha boa orquestra".

Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923, procedía dunha familia de emigrantes, orixinaria de Muras (Lugo) e cando volveu a Galicia, cando rematou o bacharelato, tiña claro que non se ía resignar simplemente a estudar Comercio, por vontade do seu pai,  e foi a súa determinación a que a levou a ser mestra.

En 1961 funda en Vigo o Colexio Rosalía de Castro, un centro de ensino privado dende o que realiza unha pedagoxía innovadora e progresista pouco habitual naquela España dos sesenta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos