Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece a actriz Verónica Echegui aos 42 anos

Falece a actriz Verónica Echegui aos 42 anos

A intérprete tivo varias candidaturas aos Goya, que logrou finalmente como directora dunha curtametraxe

Verónica Echegui nunha foto de arquivo (Raúl Terrel/Europa Press) Verónica Echegui nunha foto de arquivo (Raúl Terrel/Europa Press)
G24.gal 25/08/2025 12:57 Última actualización 25/08/2025 14:08

A actriz Verónica Echegui, catro veces candidata ao Goya e que se deu a coñecer polo seu papel da Juani na película de Bigas Luna de 2006, faleceu en Madrid aos 42 anos.

Un portavoz da familia de Echegui pediu aos medios de comunicación congregados "discreción e respecto" para soportar o duelo pola morte da actriz este domingo tras varios días ingresada no Hospital 12 de Outubro onde faleceu por mor dun cancro.  

Nada en Madrid, a actriz debutou en televisión con papeis pequenos en diferentes series de televisión. A súa primeira incursión no mundo do cinema foi na película 'Yo soy la Juani', onde interpretou a protagonista. Polo devandito papel foi candidata ao Premio Goya á mellor actriz revelación dos Premios Goya. Posteriormente, Echegui estreou en varios proxectos como 'Tocar el cielo', 'El menor de los males', '8 citas' ou 'La casa de mi padre'.

Polo seu traballo recibiu varios nomeamentos como mellor intérprete femnina protagonista por 'El patio de mi cárcel' (2008) e 'Karmandú, un espejo en el cielo' (2011), ademais da mellor interprete feminina de elenco por 'Explota, explota' (2020). Foi en 2022 cando logrou gañar a figura como directora dunha curtametraxe 'Tótem loba'.

A intérpre atesouraba entre os seus recoñecementos dous Premios Gaudí a mellor actriz principal en 'Katmandú, un espejo en el cielo' e como mellor actriz secundaria en 'La ofrenda', ademais dun Premio Feroz.

Os seus últimos traballos no cinema foron 'Yo no soy esa', película de María Ripoll que estreou no 2023, ano no que tamén estreou 'A muerte', serie dirixida por Dani de la Orden. En setembro de 2024 estreou 'Xustiza Artificial', unha película de Simón Casal ambientada en Galicia (nomeadamente na cidade da Coruña) e participada pola TVG. 

O mundo do cinema e a cultura, en 'shock'

 

Á saída do tanatorio, o presidente da Academia de Cinema e cineasta, Fernando Méndez-Leita, dixo sentirse "impactado e abatido" pola morte de Verónica Echegui, de quen destacou a súa "sólida carreira" e a súa variedade de rexistros.

"Era boa na comedia, pero tamén en personaxes duros e dramáticos".

Méndez-Leite non descartou unha homenaxe desde a Academia do Cinema, aínda que dixo que iso son "cousas superficiais", o importante, na súa opinión, é a pegada "indeleble" que deixa no espectador e nos seus compañeiros e amigos porque era unha persoa "brillante".

"É que non nolo cremos", é a única frase que puido compartir ao saír do tanatorio o cineasta e actor Paco León.

"Hoxe o cinema español está de loito", é a mensaxe publicada polo actor Antonio Banderas na súa conta de Instagram.

Tamén en redes sociais, outros intérpretes como Maribel Verdú escribiu: "As túas visitas á xira dos Kennedy lembrareinas sempre. Chegabas coa túa alegría, a túa tolemia, a túa enerxía, o teu humor... Que pena. Que pronto", nunha mensaxe acompañada dunha foto de ambas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade