Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iberia, Renfe e Iberdrola reclaman medidas polo caso Rubiales pero non cancelan o patrocinio

Iberia, Renfe e Iberdrola reclaman medidas polo caso Rubiales pero non cancelan o patrocinio

Iberdrola é o principal patrocinador da selección nacional de fútbol feminino

G24.gal 25/08/2023 18:06 Última actualización 25/08/2023 21:47

Iberia converteuse no primeiro patrocinador da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) en pronunciarse publicamente sobre o caso Rubiales e pediu "medidas para preservar a dignidade" das futbolistas.

"Cando se producen situacións ofensivas, impropias dunha sociedade desenvolvida, moderna e igualitaria como a española, Iberia apoia as medidas oportunas e pertinentes que haxa que tomar para preservar os dereitos e a dignidade das e os deportistas", defendeu este venres a través dunha mensaxe na súa conta da rede social X (antes Twitter).

Porén, ningunha das dúas compañías cancelou o patrocinio á Real Federación Española de Fútbol.

Os usuarios de X responderon en masa a Iberia criticando que apoie as xogadoras sen retirar o patrocinio. A maioría deles pídenlle á compañía que deixe de achegar diñeiro como anunciante ata que Luis Rubiales sexa cesado.

En relación ao seu patrocinio, Iberia sinalou en redes sociais que "vai seguir apoiando o talento, o deporte e o fútbol español".

Outros patrocinadores da Federación, como Renfe, sinalan que "é o momento do Consello Superior de Deportes (CSD) e a súa actuación, que apoiamos de forma rotunda".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade