Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lanzan ovos contra Luis Rubiales na presentación do seu libro en Madrid

Lanzan ovos contra Luis Rubiales na presentación do seu libro en Madrid

O agresor é tío do expresidente da RFEF e foi detido pola Policía

G24.gal 13/11/2025 21:02

Un familiar do expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, foi detido este xoves pola Policía Nacional tras lanzar ovos na presentación do seu libro.

Segundo confirmaron fontes policiais, os axentes presentáronse no lugar dos feitos tras o aviso de que unha persoa estaba lanzando ovos ao antigo presidente da RFEF. No lanzamento, o detido danou unha pantalla que se atopaba detrás de Rubiales.

A Policía procedeu a súa detención por un presunto delito de danos. O suceso tivo lugar ao comezo da presentación do libro Matar a Rubiales, no Espacio Eventize de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade