Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falamos co equipo de rescate da Garda Civil que recuperou o cadáver do piloto accidentado en Trevinca

Falamos co equipo de rescate da Garda Civil que recuperou o cadáver do piloto accidentado en Trevinca

O operativo foi complicado polas condicións do tempo e o lugar do accidente, situado a 1.800 metros de altitude

G24.gal 24/10/2022 16:40

O equipo de rescate de montaña da Garda Civil que recuperou os restos do avión sinistrado a semana pasada na serra de Trevinca relata como foi o operativo. Un rescate complicado polas condicións do tempo e o terreo a 1.800 metros de altitude.  

O grupo de rescate de montaña agardaba na Gudiña xa preparado canda o resto do operativo de busca cando deron o aviso. O helicóptero da Garda Civil era o encargado de levalos ata o lugar do sinistro. 

"A mala sorte foi que había nubes, néboa e o helicóptero non puido acceder ao punto en que estaba a avioneta accidentada. Tivemos que subir andando. Tiñamos as coordenadas de GPS", afirma Fernando Posada Sebastián, cabo primeiro do GREIM.

E aí comezaron a travesía: andaron tres quilómetros polo medio do monte e 500 metros de desnivel para chegar ata a avioneta e proceder ao rescate. 

"Cando chegamos ao punto, estaban os compañeiros da policía xudicial. Optamos por rescatar o cadáver e metelo na padiola e, despois, con eles facendo remudas baixamos cara á pista", di Fernando Posada Sebastián, cabo primeiro do GREIM.

O lugar onde tivo lugar o accidente trátase dunha zona de difícil acceso, por iso tardaron varias horas en completar o rescate. Din que neste caso a intervención dos medios aéreos foi imprescindible para dar coa avioneta accidentada. De non ser por eles, coidan que aínda non estaría localizada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade