Faise viral un país imaxinario sobre parte Galicia de Portugal
Listenbourg é o país que inventou un tuiteiro francés como burla ao descoñecemento sobre xeografía que se atribúe aos estadounidenses
Escoitaron falar de Listenbourg? Pois é un país inventado que naceu como unha broma dun tuiteiro francés e que está a causar furor nas redes sociais. Acumula milleiros de seguidores, ten himno e todo, e saiban que está situado xusto enriba de Galicia.
Naceu como unha chanza dun tuiteiro francés como burla ao descoñecemento sobre xeografía que se atribúe aos estadounidenses. "É facil que piquen niso porque os teño escoitado falar de que España está ao lado de México", cóntanos unha universitaria.
Ben é certo que as novas xeracións, en xeral, non están moi interesadas na xeografía.
"Eu creo que hai ignorancia en todas partes", contesta outra.
En poucos días a brincadeira fíxose viral. Milleiros de seguidores que participan engrosando a chanza. O país imaxinario, que come parte de Galicia e Portugal, conta con himno e provincias, con fotografías dos seus supostos monumentos ou empresas reais que abren sucursais ficticias.