Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facerse ver é vital para a seguridade do peón en estrada

Facerse ver é vital para a seguridade do peón en estrada

O chaleco reflector é un grande aliado na seguridade do peón en estradas e camiños con tráfico

A DXT e a Garda Civil de Tráfico imparte sesións informativas dirixidas a persoas maiores

Momento dunha das actividades de seguridade viaria programadas no concello de Cerdedo-Cotobade
G24.gal 20/06/2022 13:32

A reprodución de imaxes con accións cotiás de peóns que supoñen un risco alto de atropelo son parte do material empregado nesta actividade. O obxectivo é procurar que as  persoas maiores se impliquen nunha mobilidade segura nas vías públicas.

Impártena persoal da DXT e da Garda Civil de Tráfico coa cooperación do Concello de Cerdedo-Cotobade. Un deles é Daniel Castelo, Sarxento primeiro da Garda Civil de Tráfico: "Insistimos moito neste tipo de actividade en que como peóns, facernos ver, en primeiro lugar e en segundo lugar tratar de atravesar polas zonas habilitadas e cando non existan facelo nunha zona que haxa suficiente visibilidade evitando as zonas de curva ou cambio de rasante".

Lembran a importancia da conduta segura sempre, porque pode haber imprudencias reiteradas que non teñen consecuencias tráxicas ata que un día se xuntan os factores e sucede o peor. Para evitalo é fundamental que cada un dos diversos usuarios da vía; condutor, peón, ciclista, teña en conta os outros.

"Transmitir esa necesidade de empatizar co outro usuario da vía ou da rúa imos conseguir que estas infraccións cada vez sexan menos e, en consecuencia; cada vez haxa que lamentar menos  traxedias viarias", sinala Castelo.

Nese sentido, o uso do chaleco ou outras pezas de roupa ou complementos reflectores pode ser vital se camiña por beiravías, estradas estreitas ou camiños polos que poden circular coches. Lembran que aquí debe levarse posto tamén de día e aínda que o traxecto a percorrer non sexa moi longo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade