Publicador de contidos

Publicador de contidos

A artífice da torta de Sarria aposta por crear doces con produtos naturais

A artífice da torta de Sarria aposta por crear doces con produtos naturais

É premio Nacional de Emprendedores e acaba de obter a carta de artesanía

G24.gal 04/12/2022 20:06 Última actualización 04/12/2022 20:42

Unha emprendedora de Sarria ideou unha torta que agora todo o mundo identifica como propia da localidade. Conseguiuno nun pequeno obradoiro que creou confiando en que o seu soño reposteiro podía facerse realidade.

Coa crise da construción, Lourdes Pombo, de profesión enxeñeira, quedou no paro e deulle un xiro total á súa vida creando un forno artesán que lle permitiu converter en empresa algo que sempre lle gustou facer: a repostería.

Trinta doces

Ademais das tortas de Sarria, que se corresponden coa liña de produción de receitas familiares, ten outras dúas: unha tradicional e outra de doces alternativos, como as tortas veganas.

É premio Nacional de Emprendedores, acaba de obter a carta de artesanía, e non para de matinar en novas apostas, como estas árbores ás que chama panxoliñas.

Lourdes comercializa en total máis de trinta doces. A súa clientela directa son os restaurantes e as tendas de venda ao público. O seu obradoiro é o espazo no que lle dá forma ao que máis lle gusta: crear.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos