Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facenda rebaixa en 1.807 millóns os módulos de IRPF para a agricultura

Facenda rebaixa en 1.807 millóns os módulos de IRPF para a agricultura

O Ministerio de Agricultura di que supoñen unha redución que é "a de maior alcance da última década"

Estas rebaixas súmanse ás minoracións xa aprobadas por adquisición de gasóleo agrícola, do 35 %, e a compra de fertilizantes, do 15 %

G24.gal 25/04/2023 10:54

O Ministerio de Facenda aprobou reducións nos módulos de IRPF para 800.000 agricultores e gandeiros que supoñerán unha rebaixa fiscal de 1.807 millóns de euros para paliar os efectos da seca e a guerra en Ucraína.

Nunha orde ministerial publicada no BOE, Facenda recolle a proposta do Ministerio de Agricultura de rebaixar os módulos do método de estimación obxectiva do IRPF a estes colectivos en función da incidencia da seca e outras circunstancias excepcionais que afectaron á rendibilidade de "moitas" explotacións agrícolas e gandeiras o ano pasado.

A orde establece, por unha banda, unha redución xeral do rendemento neto de módulos para as actividades agrícolas, gandeiras e forestais do 25 %, fronte ao 15 % previo, polos efectos da guerra en Ucraína, unha medida que beneficiará aos 800.000 agricultores e gandeiros que tributan neste sistema.

Ademais, fixa unha serie de reducións dos índices de rendemento neto de 2022 para actividades agrícolas e gandeiras afectadas por circunstancias excepcionais nese ano, localizadas en determinadas zonas xeográficas segundo despréndese do informe emitido polo Ministerio de Agricultura.

Así, sectores en situación especialmente vulnerable benefícianse de reducións específicas, que son do 50 % no caso do oliveiral, o almendro e a apicultura, e do 30 % para cereais, oleaxinosas e leguminosas, castiñeiro, pexego, nectarina, albaricoque e os demais sectores gandeiros.

Estas rebaixas súmanse ás minoracións xa aprobadas por adquisición de gasóleo agrícola, do 35%, e a compra de fertilizantes do 15 %. 

Ademáis do Luis Planas, ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación deu a coñecer que o se van gastar 317 millóns e euros en seguros agrarios. Unha cantidade que, dixo, aumento nun 50 % dende que comezou a lexislatura. Uns cartos que supoñen 410.000 pólizas, que aseguran 14.800 millóns de produción.

"E un apoio para un instrumento fundamental para agricultores e gandeiros antes as continxencias climáticas, como son os seguros agrarios. 410.000 pólizas,14.800 millóns de produción agraria e gandeira asegurada. É moi importante o seguro e máis nas circunstancias actuais de seca. Os cultivos de secaño, os herbáceos extensivos, os cereais, leguminosas e o xirasol, pódense acoller. A uva de viño, a oliveira, amendoeiras, a gandería extensiva, no que sexa redución de praderías", afirmou Planas.

Outra partida que se destinou no Consello de ministros foi de 219 millóns de fondos para a agricultura, gandeiría e desenvolvemento rural.

"Falamos da cofinanciamento por parte do Estado, dun 30% dos fondos para axuda do desenvolvemento rural que executan as comunidades autónomas, aportamos 158 millóns, cifra moi superior ao marco de referencia do nos país", afirmou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación

Destes e outros asuntos deron conta na conferencia de prensa celebrada despois do Consello de Ministros, primeira reunión do consello ao completo con Pedro Sánchez, tras a última remodelación, que supuxo a incorporación nos ministerios de Sanidade e Industria, Comercio e Turismo, do galego José Manuel Miñones e Héctor Gómez, respectivamente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos