Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing empata sen goles no enfrontamento entre equipos xa descendidos no Heliodoro

O Racing empata sen goles no enfrontamento entre equipos xa descendidos no Heliodoro

Nun partido xa intrascendente, houbo poucas accións destacadas

G24.gal 11/05/2025 22:51

O Racing sumou un punto máis na súa despedida da Segunda División. Os de Menéndez non puideron acadar a vitoria no Heliodoro Rodríguez, campo dun Tenerife descendido xa matematicamente o día anterior, logo da remontada sobre a bucina do Zaragoza.

O encontro tivo moi pouco destacado. Poucas ocasións e pouca tensión; tardou case media hora en chegar o primeiro remate. Foi un do local Luismi Cruz, que marchou desviado. Pouco despois era Jeremy Mellot o que probaba a Jesús Ruiz, e, para pechar ese bo momento do Tenerife, Aitor Sanz tamén remataba fóra. Yousseff Diarra tiña a última da primeira metade.

Na segunda metade chegaban as primeiras ocasións do Racing, cun remate de Álvaro Giménez e outro de Gelardo que marchaban desviados. Heber Pena, Maikel Mesa e Padilla gozaron das últimas ocasións, pero o resultado no Heliodoro non se moveu. O Racing queda con 27 puntos, e o Tenerife con 36.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade