Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facenda xa efectuou un 13 % máis de devolucións de Renda ca o ano pasado

Facenda xa efectuou un 13 % máis de devolucións de Renda ca o ano pasado

A Axencia Tributaria atenderá presencialmente con cita previa desde o día 1 ata o 30 de xuño

As vías telefónica e telemática seguen abertas para os que prefiran esas opcións, cada vez máis usadas

G24.gal 27/05/2023 14:22 Última actualización 27/05/2023 14:43

Esta semana comezou o prazo para solicitar cita previa para confeccionar de xeito presencial a declaración da renda. As oficinas da Axencia Tributaria atenderán desde o día 1 ata o 30 de xuño. Este ano máis contribuíntes que en exercicios anteriores apresuráronse a cumprir xa con Facenda.

"Houbo máis prema por presentar as declaracións, de feito, xa se presentaron un 5 % máis de declaracións que o ano pasado por estas datas e Facenda devolve antes, xa se devolveu un 13 % máis ca o ano pasado a estas alturas", di Julio Ransés Pérez, inspector de Facenda.

As vías telefónica e telemática seguen tamén abertas para os que prefiran esas opcións, utilizadas cada vez por máis contribuíntes. 

Antes de confirmar o borrador os expertos aconsellan revisalo ben e ter en conta que hai datos que o borrador non recolle.

"Se no último ano mudaron as nosas circunstancias persoais. Se tivemos un fillo o borrador non o recolle e iso dá dereito a unha dedución. Se temos un alugueiro, Facenda non sabe os gastos que nos xera ese alugueiro. As deducións autonómicas, como por exemplo a contratación dunha liña de Internet, non todo o mundo sabe que ten dereito á dedución, son 100 euros que nos van devolver", engade Julio Ransés.

E entre as novidades que hai que ter en conta, este ano ampliáronse a dedución por maternidade, as deducións por melloras nas vivendas por eficiencia enerxética e aumentaron as deducións para os agricultores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade