Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fabril e Pontevedra asinan o empate (2-2) nun partido cheo de ocasións

Fabril e Pontevedra asinan o empate (2-2) nun partido cheo de ocasións

O Fabril tiña garantida a permanencia cando Diego Gómez marcou o 2-1 no 89

O empate de Mario Gómez no 94 permítelle ao Pontevedra asegurar o segundo posto

G24.gal 28/04/2024 14:31

Espectacular partido o que xogaron Fabril e Pontevedra. Había moito en xogo cos locais buscando a permanencia e cos visitantes aínda soñando co ascenso. 

Os dous conxuntos saíron a tumba aberta á procura do gol xerando innumerables ocasións. No 34 adiantouse o Fabril cunha cabezada de Pereira e pouco despois empataba o Pontevedra grazas ao acerto de Chiqui. 

As oportunidades sucedéronse no segundo tempo pero, por incrible que parecera, os goles non chegaban. Así ata que no minuto 89 Diego Gómez marcaba nun córner directo. Con ese resultado o Fabril tiña garantida a permanencia. Pero no 94 marcou Mario Gómez o tanto do empate, que lle garante ao Pontevedra o segundo posto na loita co Zamora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos