Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extraviamos ao redor de mil calcetíns ao longo da nosa vida

Extraviamos ao redor de mil calcetíns ao longo da nosa vida

O nove de maio conmemórase o Día do calcetín perdido

G24.gal 09/05/2026 21:20

Temos días internacionais para todo. O 9 de maio é o Día dos calcetíns perdidos. E ollo porque ata un estudo asegura que de media pérdense 15 ao ano... Son máis de mil nunha vida. 

Entran dous, pero, en ocasións, un desaparece para sempre. A lavadora semella un portal de entrada a unha dimensión paralela que non admite pares. Hai teorías diversas que tratan explicar o misterio do calcetín perdido. Está comprobado que algún pode saír do tambor e quedar atrapado en zonas da lavadora ás que non podemos acceder, pero esta non pode ser a única explicación. En España perdemos cada ano cento vinte millóns de calcetíns. 

Por sorte, a moda acode no noso auxilio, dános unha solución para que o calcetín solitario poida seguir abrigando os nosos pasos.

"Está moi de moda levar calcetíns desparellados. Hoxe en día lévase moito o de mesturar temáticas ou cores complementarias para darlle un toque orixinal tamén aos pés", conta Javi Barciela, da tenda Sintimones da Coruña, onde teñen á venda máis de 1.200 pares diferentes.

Inevitablemente, algúns acabarán algún día no limbo dos calcetíns extraviados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar