Extinguido o incendio de Lobios mentres o de Pantón segue estabilizado
En Lobios as lapas calcinaron máis de tres hectáreas, parte delas no Parque do Xurés
En Pantón, que tamén afecta o concello de Sober, a superficie queimada é de dúas mil hectáreas
O incendio de Pantón comezou o día 18
O incendio de Lobios quedou extinguido ás 19:50 horas deste martes, tras iniciarse ás 05:09 do domingo en Río Caldo e tras queimar 3,32 hectáreas, parte delas no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Segundo indica o último parte do Medio Rural, o incendio de Pantón continúa estabilizado, situación á que se chegou na tarde do luns. Segundo as últimas medicións tomadas desde o terreo, as lapas queimaron xa dúas mil hectáreas, parte delas no concello de Sober.
A Consellería lembra que está á disposición da cidadanía o número gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún incendio.