Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Vilardevós tras arrasar 579 hectáreas, o máis grande do ano en Galicia

Incendio de Vilardevós (Europapress) Incendio de Vilardevós (Europapress)
G24.gal 08/08/2025 14:47

O grande incendio forestal do municipio ourensán de Vilardevós quedou extinguido este venres tras arrasar 578,7 hectáreas desde que se declarou hai unha semana, o 1 de agosto. É o maior lume no que vai de ano en Galicia.

Este lume na parroquia de Terroso foi extinguido conta o mediodía de hoxe, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Do total queimado, 519,62 hectáreas son de monte raso e 59,08 hectáreas, de arboredo. Foi necesario activar a situación 2 durante a noite do pasado domingo por risco para vivendas.

No tocante a outros incendios, o da Fonsagrada, iniciado o martes na parroquia de Monteseiro, continúa activo e sen controlar despois calcinar 120 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade