Tres incendios activos na provincia de Ourense levan queimadas 1.200 hectáreas: o de Chandrexa, Maceda e outro en Vilariño de Conso
Tres incendios activos na provincia de Ourense levan queimadas 1.200 hectáreas: o de Chandrexa, Maceda e outro en Vilariño de Conso
O lume de Chandrexa de Queixa-Requeixo leva queimas unhas 900 ha aprox, segundo os datos facilitados por Medios Rural ás 20:30 horas
En Lugo está controlado o incendio da Fonsagrada e estabilizado o de Monfero-Queixeiro na provincia da Coruña
Estabilizado o incendio de Monfero-Queixeiro, que afecta ao Parque Natural das Fragas do Eume
En Maceda, un lume que comezou nanoite noite do sabado en polo menos cinco focos case simultáneos obrigou a declara o nivel 2 de emerxencia pola proximidade das lapas a aldea da Teixeira. Os veciños abandonaron as súas vivendas durante varias horas. Este domingo pola mañá xa non había perigo para as casas, pero o incendio leva calcinadas ao redor 370 hectáreas. Dende Medio Rural apuntan a súa intencionalidade.
Milagros e o seu son dos poucos veciños que viven na aldea da Teixeira. O cheiro a fume, pasadas as once da noite, alertounos da proximadade das lapas e decidiron abandonar a vivenda antes de que o incendio afectara a única estrada de acceso.
O risco para vivendas obrigou a decretar a situación dúas de emerxencia que se desactivaba esta mañá ao non haber perigo xa para poboción.
Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 11 axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 6 avións.
Continua activo tamén o incendio de Requeixo, en Chandraxa de Quiexa que xa calinou 800 héctareas e onde a orografía está a dificultar os tarballos de extición. O resto de lumes están trolados ou estabilizados.
O incendio de Chandrexa xa é o máis grande de Galicia este verán; leva quiemadas 800 hectáreas
Segue ardendo en Chandrexa de queixa. O lume, que se declarou este venres sobre as catro menos dez da tarde, segue activo e leva queimadas ata este sábado, ás 08:30 horas deste domingo, 900 hectareas, segundo a información facilitada pola de Galicia.
O lume comezou na parroquia de Requeixo e para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 11 técnicos, 33 axentes, 55 brigadas, 26 motobombas, 5 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 12 helicópteros e 11 avións.
.png)
Na provincia de Ourense está controlado o incendio de Padrenda-Padrenda
O incendio comezou ás 22.03 horas deste venres e quedou controlado este sábado ás 22:03 horas. O lume que afecta o concello de Padrenda, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 40 hectáreas. Para a súa extinción, mobilizáronse polo de agora 7 axentes, 19 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Lugo: Controlado o da Fonsagrada-Monteseiro
Na provincia de Lugo, ás 14:42 horas quedou controlado o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 150 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 53 axentes, 72 brigadas, 76 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 8 avións.

Estabilizado o incendio de Monfero-Queixeiro, que afecta ao Parque Natural das Fragas do Eume
Desde as 20.28 horas está estabilizado un incendio no concello de Monfero, parroquia de Queixeiro, que afecta o Parque Natural das Fragas do Eume. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 5 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.
A Coruña: Extinguido o lume de Ponteceso-Corme Aldea
Está tamén extinguido desde as 18:03 deste domingo o incendio forestal da localidade coruñesa de Ponteceso, parroquia de Corme Aldea, no que se desactivou a Situación 2 na tarde do mércores. O lume iniciouse ás 14.12 horas do martes e, segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 76,11 hectáreas.
Para a súa extinción mobilizáronse 7 técnicos, 26 axentes, 35 brigadas, 27 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 4 avións. Ademais, participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
.jpg)
A Coruña: Extinguido o incendio en Ponteceso-Brantuas
O incendio de Brantúas, en Ponteceso, tamén está extinguido desde as 15.09horas do mércores. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas.
O lume comezou ás 20.30 horas do pasado sábado. Mobilizáronse para a súa extinción 5 técnicos, 26 axentes, 29 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 11 avións.
.jpg)