Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expectación na Coruña para asisitir ao congreso da Fundación Lo que de Verdad Importa

Expectación na Coruña para asisitir ao congreso da Fundación Lo que de Verdad Importa

Tres relatores con tres impactantes historias de superación persoal reclamaron que a sociedade non esqueza os valores da solidariedade e da empatía, como piares dunha vida plena

Arantxa Martínez, Albert Espinosa e Ousman Umar, os relatores do congreso
G24.gal 03/03/2023 14:36

Ousman Umar chegou a Europa en patera, con 17 anos e despois dunha dunha durísima viaxe de 36 meses polo deserto. A ovación chegoulle esta mañá despois de relatar todo o aprendido ante un auditorio de máis de mil estudantes.  

"Somos seres que temos moito medo, e o sistema regálanos o medo en cada recanto porque grazas a iso poden vendernos a seguridade despois. Isto é a pura verdade", dixo.
 

Acompañaban a Ousman Umar, Arantxa Martínez e Albert Espinosa. Dúas experiencias máis, duras tamén, para advertirnos de que importa darse conta de que se nos inculca a competitividade en lugar da empatía e o ruído en vez da capacidade de diálogo.

"Non imos solucionar un problema se non somos quen de empatizar cos que temos en fronte e mirarlles aos ollos. Hai que romper iso e volver ao sentido de comunidade", explicou Arantxa Martínez.

E así, con esa sensación de pensar polo menos uns minutos no que importa de verdade, acabou a semana lectiva para os estudantes da Coruña que asistiron como público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade