Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito de participación e de público no Marisquiño en Vigo

Éxito de participación e de público no Marisquiño en Vigo

Hoteis ao completo e milleiros de persoas ateigan Vigo

G24.gal 14/08/2022 17:54 Última actualización 14/08/2022 17:59

Escenarios ateigados este sábado polo público do Marisquiño. En pista, unha competición de break dance en pleno centro da cidade. O público, entregado, é só un exemplo do que move un evento destas características.

Máis de cen medios acreditados de todo o mundo, máis de 1.400 deportistas e milleiros de persoas que estes días enchen os hoteis de Vigo e a súa contorna.

De feito, a organización apostou este ano por aproveitar novos espazos. O Skate está en Samil, o baloncesto 3x3 no centro Vialia e o espectacular descenso rematará este ano no Berbés. No  evento traballan unhas 300 persoas.

Este domingo é a última xornada do Marisquiño, que é quen de mudar o perfil dunha cidade rendida a un festival deportivo e urbano que atrae unhas 160.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar