Publicador de contidos

Publicador de contidos

Exame para o Deportivo no campo da U. D. Logroñés

Exame para o Deportivo no campo da U. D. Logroñés

Borja Jiménez: "Estamos tranquilos, ben posicionados, pero é o mes de novembro, quedan moitas xornadas"

G24.gal 05/11/2021 13:53

Enfróntanse o domingo nas Gaunas a U. D. Logroñés e o Deportivo, dous dos favoritos ao ascenso que, segundo Borja Jiménez, terán que pelexar ata o último segundo nunha categoría moi igualada: "Cambiou, pasas de ter 80 equipos, ou 100 como o ano pasado, e redúcelo á metade… se a Segunda B xa era difícil, agora agrúpalo todo e pasa a selo máis. Era o que eu me imaxinaba. Moita igualdade, todos manexamos recursos similares e non hai moitas diferenzas. Estamos tranquilos, ben posicionados, pero é o mes de novembro, quedan moitas xornadas. Serán competidos ambos os grupos, non creo que vaia a haber ninguén que sexa capaz de distanciarse e ser campión con moita marxe. Os pequenos detalles, estar tranquilos en momentos de dificultade pode marcar a diferenza".

O técnico branco e azul destaca o potencial do rival desta xornada: "Leva os partidos a situacións onde non sexa todo moi aberto. Ponche en dificultades para atacar, é un equipo con boas transicións e ten capacidade para adaptarse ao que propón o rival. Xogadores de talento arriba, futbolistas contrastados tamén en defensa, é un equipo moi competitivo. Guarrotxena, Alfaro, Dubasin… mirade Borja Galán. Está a participar pouco e aquí o ano pasado era un dos xogadores que tiña peso. Iso fálache do bo persoal da U. D. Logroñés".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar