Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuada en helicóptero unha muller mancada cunha motoserra no Rosal

Evacuada en helicóptero unha muller mancada cunha motoserra no Rosal

A vítima, duns 30 anos, sufriu un grave corte no brazo esquerdo cando cortaba leña 

Foi estabilizada e evacuada o hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 17/01/2022 20:23

Unha muller resultou ferida esta tarde cando traballaba cunha motoserra no Rosal e tivo que ser evacuada en helicoptero medicalizado con base en Ourense.

A vítima, duns 30 anos, sufriu un grave corte no brazo esquerdo cando cortaba leña na finca familiar en Tabagón. Foi estabilizada no lugar do accidente e evacuada o hospital Álvaro Cunqueiro

O 112 solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Proteción Civil da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar