Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa ve abusivas as hipotecas referenciadas ao IRPH

Europa ve abusivas as hipotecas referenciadas ao IRPH

En España hai preto dun millón de reclamacións paralizadas polo Supremo

G24.gal 12/12/2024 18:48

Asociacións de consumidores e despachos de avogados aplauden a decisión do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre cláusulas abusivas de préstamos hipotecarios, que abre a porta a que miles de afectados recuperen o seu diñeiro.

O tribunal europeo resolveu este xoves que non pode descartarse mala fe nas hipotecas referenciadas ao índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios (IRPH) polo mero feito de que este sexa un índice oficial e que as cláusulas en cuestión poden ser abusivas se se incumpriu o requisito de transparencia.

Desde o bufete Arriaga Asociados valoran unha resolución "claramente favorable para os consumidores, xa que recoñece a posibilidade de que o IRPH poida ser considerado abusivo".

Trátase dun "reclamo histórico", xa que aínda que se trata dun índice oficial publicado no BOE "non é suficiente para estimar a boa fe da entidade, nin o cumprimento das súas obrigacións de información ao consumidor".

Para o despacho Navas & Cusí, o tribunal deu finalmente o golpe definitivo ao IRPH e abre a porta ás reclamacións de preto de un millón de afectados cun impacto que pode rozar os 17.000 millóns de euros.

A plataforma de reclamacións online Reclamador considera a sentenza "unha boa noticia" para os afectados, xa que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ponse ao lado dos consumidores, e abre as portas en España ás reclamacións dun millón de préstamos que ata o de agora estaban paralizadas pola decisión do Tribunal Supremo español.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos