Ethel Vázquez acusa o Goberno de seguir ocultando as causas da derruba na A-6
Incrementa o uso do autobús pola aplicación das bonificacións
"Vemos desigualdades no transporte por ferrocarril. Lamentamos o atraso na chegada dos trens Avril"
A Xunta alerta da modificación do regulamento da Lei de costas
Ethel Vázquez Conselleira de Infraestruturas e mobilidade estivo no 'Bos días' para falar dos temas de actualidade do seu departamento.
Na entrevista comezou falando da boa resposta dos usuarios do transporte urbano e interurbano tras implementar as bonificacións este mes de setembro. Estas bonificacións provocaron que aumentase o número de usuarios do transporte público.
Increméntase o uso do autobús pola aplicación das bonificacións
O primeiro de setembro a Xunta de Galicia comezou a bonificar o 40 por cento da parte autonómica do billete do transporte interurbano e urbano. A parte autonómica é o 50 % do prezo do billete. Estas bonificacións están implementadas pola Xunta, "neste contexto de inflación desbocada e prezos dos carburantes altamente elevados e que temos que avanzar cara a unha mobilidade máis sostible", explica a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, están dando uns resultados altamente satisfactorios porque axuda á economía das familias nun contexto complicado".
"Nós apostamos por esa mobilidade alternativa, máis sostible, máis segura e apostamos por una mobilidade máis saudable que tamén é unha mobilidade a pé, por iso nos últimos años executamos máis de 200 quilómetros de sendas peonís".
Mobilidade no rural
Sobre a mobilidade no rural, Ethel Vázquez dixo que a Xunta coñece perfectamente as características de dispersión do rural galego e que "co novo Plan de Transporte Público de Galicia conseguimos renovar as 3.400 liñas de transporte para que chegue o autobús onde antes non chegaba e ter unha diversificación territorial do transporte público da nosa competencia, con novidades de transporte innovadoras que se adaptan moi ben ás nosas necesidades galegas, como o bus compartido, utilizar as prazas baleiras do transporte escolar e tamén o transporte a demanda para evitar que os autobuses anden baleiros".
"Vemos desigualdades no transporte por ferrocarril"
"O que pedimos ao Goberno central é que non afonde nas desigualdades de transporte público de competencia estatal, como está a facer. Vemos desigualdade co ferrocarril. Non hai alternativa ferroviaria".
Tras as bonificacións dos billetes de tren por parte do Goberno central, a conselleira de Infraestruturas da Xunta considera que "se está vendo falta de planificación e falta de prazas para os usuarios, mala xestión da aplicación de Renfe, frecuencias incompatibles coa vida laboral e mesmo frecuencias que desapareceron na pandemia e non se recuperaron. Pedimos que se habiliten os reforzos necesarios".
Os trens Avril non entrarán en circulación este 2022
A conselleira de infraestruturas lamenta que non se atendan as súas demandas e que sempre se demoren os prazos acordados co Goberno de central, como ocorre coa chegada dos trens Avril, para que a alta velocidade chegue as cidades de Galicia, porque en "Galicia temos un ancho de vía diferente ao que hai no resto de España, e por iso levamos anos insistindo na necesidade dos trens avril".
Ethel Vázquez laiase de que a falta dos trens Avril e a falta de prazas tamén afectase ao Xacobeo 22, para traer turistas.
Agardan di a Conselleira, que o Goberno Central "convoque a Comisión de seguimento para ter información de primeira man" e coñecer cando chegarán os trens agardados.
A Xunta acusa o Goberno central de ocultar os motivos do colapso da A-6
Sobre o colapso do viaduto de Pedrafita na A-6, Ethel Vazquez, é contundente ao afirmar que o Goberno Central xa coñece os motivos desa caída e acúsao de ocultar os motivos.
"O viaduto estivo pechado durante un ano, investidos 26 millóns de euros a través dunha obra de emerxencia e despois colapsa e comunícasenos que o viaduto xemelgo, executado na mesma época, dísenos que se vai abrir no 2023, creo que calquera pode sacar conclusións. Se dis iso é porque se coñecen as causas, porque se se coñecen é como solucionas o problema definitivo. Pedimos una explicación clara e contundente".
A Xunta alerta da modificación do regulamento da Lei de costas
Canto á modificación do regulamento da Lei de costas, a conselleira de Infraestruturas explica que lles "preocupa enormemente porque é un regulamento do que depende a actividade económica de Galicia relacionado co mar, a competitividade e moitas instalacións depuradoras.
A Xunta de Galicia tomou unha decisión moi acertada dada a negativa do Goberno de España en transferirnos as competencias".