Publicador de contidos

Publicador de contidos

Eternamente... querido Pablo

Eternamente... querido Pablo

Deixou gravado un disco póstumo en colaboración con artistas como Alejandro Sanz ou Juanes

Pablo Milanés cantou en galego na TVG nunha das últimas galas do 25 de xullo
Begoña Fontenla 26/11/2022 15:30

'Yolanda' é unha das cancións de amor máis fermosas de todos os tempos composta para a súa parella daquela e coa que se namoraron miles de persoas no mundo.

É a máis coñecida, pero non a única balada de amor imperecedoira do seu autor, o cubano Pablo Milanés, cofundador do movemento da Nova Trova Cubana nos anos setenta do século pasado.

O amor primeiro e a saúde, despois, establecérono en Galicia nos últimos anos, onde se sentiu como un máis en Mazaricos, sobre todo, e onde lle agromou un amor incondicional pola cultura galega.

Os seus temas forman parte da banda sonora vital de varias xeracións en Cuba e en España, máis agora que xa non está. Faleceu a noite do martes en Madrid aos 79 anos.

A capela ardente congregou artistas e incondicionais marcados pola súa música e a súa personalidade.

A foto do tranquilo sorriso do finado agardábaos no interior canda a súa inseparable guitarra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar