Cargando resultados...
Estréase no Festival de San Sebastián a película galega Rondallas
A película, participada pola TVG, rodouse na provincia de Pontevedra

G24.gal
23/09/2025 23:17
Este martes estreouse a película Rondallas no Velódromo do festival de San Sebastián.
O último filme de Daniel Sánchez Arévalo, rodado na provincia de Pontevedra, puidose ver antes da súa estrea oficial en cines o 1 de xaneiro de 2026.
O filme sitúanos nunha vila costeira galega que afronta o loito polo naufraxio dun pesqueiro onde perden a vida varios veciños.
Unha historia de ficción inspirada nunha rondalla real nun filme participado pola Televisión de Galicia.
Antes da estrea, un grupo de rondalleiros alegrou as rúas de Donosti, onde moitos puideron admirar parte do noso folclore.