Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estrea con derrota de Javi Muñoz á fronte do Breogán

Estrea con derrota de Javi Muñoz á fronte do Breogán

O Joventut decidiu o partido no último cuarto (87-90) e complica as aspiracións copeiras do cadro lucense

G24.gal 16/01/2022 14:01

Logo dunha semana moi intensa coa despedida de Paco Olmos e a confirmación do seu axudante Javi Muñoz como adestrador do Breogán, o equipo non puido conseguir a vitoria nun partido fundamental nas aspiracións copeiras do cadro lucense. O Joventut gañou demostrando as súas feituras de grande equipo. 

O partido comezou coa lembranza a Ricardo Hevia, histórico adestrador entroutros do Breogán que faleceu nas últimas datas. 

O primeiro cuarto do Breogán foi espectacular. Con Musa hiperactivo conseguiron unha máxima diferenza de 11 puntos (17-6). O Joventut tardou en entrar no partido e o primeiro cuarto rematou cun 21-13. 

A dinámica comezou a mudar no segundo cuarto que comezou cun parcial de 1-6. O Joventut remontou ata colleitar a primeira vantaxe do partido (27-30). Tomic comezou a ser determinante (8 puntos na primeira metade) e os cataláns marcaron unha máxima de 5 puntos (32-37) que quedou en tres ao descanso (34-37). 

Outra vez unha saída en tromba do Breogán permitiulle recuperar o mando do partido (42-39) pero a igualdade presidiu o terceiro cuarto. Iván Cruz e Sergi Quintela mantiñan o equipo lucense no partido con Musa desquiciado polas decisións arbitrais (57-58 ao remate do cuarto).

A chave do partido estivo no inicio do último período. O parcial de 2-12 (59-70) rachou o partido. Un equipo tan veterano e fiable como o Joventut impediu calquera posibilidade de achegamento do Breogán. Só nos últimos minutos, coa recuperación anotadora de Musa (22 puntos) conseguiron achegarse ata o 87-90 final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade