Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fiasco e eliminación copeira do Real Madrid na estrea de Arbeloa (3-2)

Fiasco e eliminación copeira do Real Madrid na estrea de Arbeloa (3-2)

Os brancos foron sorprendidos por un Albacete que se puxo tres veces por diante no marcador

Mal partido do equipo branco no que non apareceron as súas figuras

@EFE @EFE
G24.gal 14/01/2026 22:04

Pésima imaxe e peor resultado do Real Madrid no primeiro partido de Álvaro Arbeloa ó fronte do equipo branco. Eliminación copeira nos oitavos de final ante un equipo da zona baixa da segunda división nun choque onde nunca estiveron por diante e onde foron superados por actitude e intensidade. 

O inicio do partido estivo marcado por unha intensa néboa que resultaba moi molesta tanto para xogadores coma espectadores. O Real Madrid dominaba pero sen gozar de grandes ocasións. E serían os manchegos os que se adiantarían no marcador tras unha boa cacholada de Javi Villar a saída dun córner. Pero na última xogada antes do descanso chegaría o empate branco tamén desde o saque de curruncho. O primeiro remate de Hujsen foi despexado por Lizoaín pero Mastantuono aproveitaba o despexe para empatar o choque.

Na segunda metade semellaba que o equipo de Arbeloa metíalle unha marcha máis o partido na procura do gol que o puxera por diante na eliminatoria. Pero co paso dos minutos o Albacete facíase máis rochoso e o tanto non chegaba. Contrariamente chegaría o segundo dos locais ó aproveitar Jefté Betancour un mal despexe de Gonzalo dentro da área. Restaban sete minutos para o final pero apareceu o espírito dos brancos e no minuto 91 Gonzalo de cabeza acadaba a igualada. Pero cando semellaba que o partido ía á prórroga, Jefté cunha xenialidade, deixaba a vitoria e a clasificación en terras manchegas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar