Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estragos en electrodomésticos dun cento de usuarios por unha sobrecarga eléctrica en Lalín

Estragos en electrodomésticos dun cento de usuarios por unha sobrecarga eléctrica en Lalín

Unha avaría nun transformador provocou un pico de tensión de 400 volts

Hai negocios e vivendas afectados, que hoxe recibían a visita dos técnicos para avaliar danos

G24.gal 22/09/2022 14:13

Unha avaría nun transformador provocou que a tensión, habitualmente en 220 volts, pasase a preto de 400. O servizo restableceuse en poucas horas, pero esta sobrecarga provocou danos irreparables nalgúns electrodomésticos e tamén estragos noutros aparellos eléctricos. Calcúlase que hai un cento de afectados. Técnicos da empresa distribuidora facían esta mañá unha relación de danos para facerse cargo dos mesmos.

A zona afectada é a que arrodea as Galerías Colón, coas rúas Pardo Bazán, Observatorio ou Rosalía de Castro entre as principais prexudicadas. Nas galerías, algúns negocios só sufriron avarías na iluminación ou nas máquinas rexistradoras. Outros, como a xoiería Ariña, correron peor sorte, co aire acondicionado, todo o sistema informático, a maquinaria de reparación ou terminal de pagamento con tarxetas totalmente inservible.

Os técnicos da empresa subministradora facían esta mañá reconto de danos para asumir as reparacións ou reposicións dos aparellos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade