Cargando resultados...
Este xoves reabre a liña de tren entre Lugo e Monforte
Recupéranse tamén os servizos entre Lugo e Madrid
Xa non serán necesarios os transbordos por estrada

G24.gal
29/06/2022 21:41
Este xoves vai volver abrir a liña de tren Lugo-Monforte, que leva pechada dende xaneiro por obras.
Rematada xa a renovación completa e a electrificación da vía férrea nese traxecto, desde este xoves recuperaranse os servizos entre Lugo e Madrid, que son catro de ida e catro de volta. Xa non serán necesarios os transbordos por estrada.