Cargando resultados...
Este venres comezan a poñer a cuarta dose da vacina da COVID-19 aos maiores de 85
Poderán vacinarse en hospitais ou vacinódromos, e para os que non poidan ir abriranse citas nos centros de saúde
G24.gal
06/10/2022 21:39
Este venres reabren os grandes recintos para poñer a cuarta dose ou segunda de reforzo da vacina da COVID-19 aos maiores de 85 anos.
No caso de Lugo, por exemplo, a vacinación contra a covid-19 retómase no Hospital Lucus Augusti.
Están citados os maiores de 85 anos para levar a cuarta dose.
Ademais da inxección da vacina do coronavirus poderán recibir tamén a da gripe.
Todas aquelas persoas con problemas de mobilidade poderán acudir na recuperación ao seus centros de saúde.
Cando remate o grupo dos maiores de 85 anos irán o resto de persoas maiores de 60.