Cargando resultados...
Este Nadal morreron 46 persoas en accidentes de tráfico en España
A operación de regreso desenvólvese sen atrancos salientables
G24.gal
08/01/2023 20:25
Última actualización 08/01/2023 21:03
A Dirección Xeral de Tráfico contabilizou ao longo do Nadal 46 persoas mortas en accidentes de tráfico nas estradas españolas.
O operativo de regreso, en marcha ata as doce da noite deste domingo, desenvolveuse sen atrancos importantes. Nas vías galegas a circulación foi tranquila todo o día.
As festas motivaron só desde a véspera de Reis máis de catro millóns de desprazamentos de vehículos no conxunto de España.