Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estables, un con prognóstico moi grave, dous dos feridos na explosión de Ordes

Estables, un con prognóstico moi grave, dous dos feridos na explosión de Ordes

Un deles sufriu queimaduras de terceiro grao e atópase moi grave

G24.gal 27/07/2023 13:00

Os dous homes que permanecen ingresados tras a explosión de gas nunha vivenda de Ordes permanecen estables, aínda que un deles, o home que sufriu queimaduras de terceiro grao, atópase moi grave.

Así o informaron fontes hospitalarias. No caso do home de 88 anos ingresado na Unidade de Queimados do Complexo de Hospitalario Universitario da Coruña, está moi grave tras sufrir queimaduras de terceiro grao no 45 % do seu corpo.

En canto ao home de 68 anos ingresado no Hospital Clínico de Santiago, fontes hospitalarias precisaron que está estable dentro da gravidade.

En total, catro persoas quedaron feridas, unha delas unha menor dada de alta no momento e outra persoa atendida nun centro sanitario de Ordes, tras unha explosión que se produciu no primeiro piso do número 24 da rúa do Recreo.

O suceso provocou tamén numerosos danos materiais ao derrubarse a citada vivenda sobre a cafetería situada debaixo. Ademais, os servizos de emerxencia evacuaron o inmoble.

Hoxe continúan os labores de desentullo do edificio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade