Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio do Parque de Doñana que queimou case 400 hectáreas de gran valor ecolóxico

Estabilizado o incendio do Parque de Doñana que queimou case 400 hectáreas de gran valor ecolóxico

As altas temperaturas e o vento complican os labores de extinción

G24.gal 27/05/2026 13:34

O incendio declarado este domingo no Parque Nacional de Doñana quedou establizado a últimas horas deste martes, segundo informou o conselleiro andaluz da Presidencia.

O lume afecta ao lugar do Rincón del Membrillo, no concello onubense de Almonte. Os primeiros cálculos apuntan a que puideron queimarse unhas 400 hectáreas desta zona de enorme valor ecolóxico.

"Confiamos na capacidade de rexeneración da zona. Dentro da área afectada existen illas de vexetación que quedaron sen danos".

Un centenar de bombeiros forestais e dez vehículos continúan traballando no lugar ata conseguir o control total do lume. Uns traballos que se están vendo dificultados polas altas temperaturas que se rexistran na zona, o vento e a especial configuración do terreo que impide utilizar maquinaria pesada.

Desde que comezou a arder, o incendio de Doñana obrigou a mobilizar máis de 400 persoas, 19 autobombas e unha trintena de aeronaves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade