Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estabilizado o incendio da Barbanza, o único que quedaba activo en Galicia

Estabilizado o incendio da Barbanza, o único que quedaba activo en Galicia

Medio Rural deu por controlado está mañá os lumes de Verín e Ponte Caldelas

G24.gal 08/08/2022 13:18 Última actualización 08/08/2022 15:24

O único incendio que permanecía activo no día de hoxe, o que comezou na parroquia de Cures, en Boiro, está xa estabilizado. Este incendio calcinou ata o de agora 2.200 hectáreas de monte na Barbanza e obrigara a desaloxar varias vivendas e un cámping, en que chegaron a verse afectadas polas lapas varias caravanas.

A situación mellora en Galicia, xa que o resto de incendios están controlados ou extinguidos. Esta mesma mañá, Medio Rural deu por controlado o incendio de Verín, que queimou unhas 600 hectáreas. Tamén están controlados os Xustáns, en Ponte Caldelas, con 380 hectáreas, e o de Saiar, en Caldas de Reis, con 450.

Os de Calvos de Randín e Arbo considéranse xa extinguidos, despois de queimar en total preto de 600 hectáreas de monte.

O incendio da Barbanza afectou máis de 2.000 hectáreas en Boiro, Ribeira e A Pobra

O recendo a fume e a negrura da cinsa invaden os montes de Ribeira, A Pobra e Boiro arrasados polos incendios desta fin de semana. Ao medo e á tensión que viviron os veciños cando as lapas se aproximaron ás casas, sucédelle agora a tristura e a desolación.

A magnitude do desastre ambiental e paisaxístico tampouco pasa desapercibida para as ducias de turistas e curiosos que se achegaban esta mañá á Curota.

Onde volveu a normalidade foi ao cámping Ría de Arousa 2 despois de que o incendio calcinara 9 autocaravanas obrigando a desaloxar 700 campistas. Pero as instalacións xa funcionan con normalidade e desde a xerencia envían unha mensaxe de tranquilidade.

Aínda que o incendio se deu por estabilizado, as brigadas seguen na zona e non baixan a garda.

Operarios dunha compañía instaladora reparan a rede eléctrica afectada polo lume. Malia que xa non hai problemas de subministración, unha aldea de Oleiros aínda se abastecía cun xerador esta mañá. Outra das imaxes desoladoras atopámola nunha ladeira da Curota, onde vacas e cabalos que viven ceibos no monte, vagaban desorientados na busca de alimento.

Situación no resto de Galicia

No resto de Galicia hai distintas situacións. Está estabilizado o de Verín, que leva queimadas 600 hectáreas e comezou cunha ducia de focos, e o de Ponte Caldelas, que arrasou con 380. Está controlado o de Caldas de Reis, que afectou a 280 hectáreas.

Hai tres incendios que xa están extinguidos; dous focos en Arbo, onde arderon máis de  500 hectáreas de monte. Un deles, o do lugar de Mourentán entrou dende Portugal. Tamén se sufocaron as lapas en Calvos de Randín que comezaban a queimar parte do parque natural da Baixa Limia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade