Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa están en Galicia as cuartas doses contra a covid adaptadas á variante ómicron

Xa están en Galicia as cuartas doses contra a covid adaptadas á variante ómicron

G24.gal 14/09/2022 18:17 Última actualización 14/09/2022 19:59

Galicia recibiu esta tarde as 77.000 primeiras doses das vacinas da covid adaptadas á variante da ómicron B A.1.

 Máis de 20.000 irán a residencias para comezar a inmunizar a poboación máis vulnerable.

O 26 de setembro empezarán a inxectarse nas residencias da terceira idade e nos centros de persoas con discapacidade. Non só se van vacinar as persoas maiores senón todas as persoas que estean nestes centros.

Despois será a quenda dos maiores de 80 anos e a continuación a franxa de 80 a 60. Para eles volverán habilitarse os grandes espazos de vacinación, e como son poboación diana da gripe poderán recibir as dúas inxeccións.

Van recibir, coma as outras veces, un SMS informándoos da cita para a vacinación no lugar correspondente. Hai 14 lugares que funcionan como centros de vacinación. E polo tanto van recibir esa cita onde se lles vai dicir que se lles ofertarán conxuntamente as dúas vacinas. 

O calendario de actividades dalgúns recintos que funcionaron como centros de vacinación nas ocasións anteriores obrigará a buscar espazos alternativos para dispensar esta nova dose.

Pero na cita que reciban as persoas convocadas terán xa a información do lugar de administración segundo a data que lles corresponda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade