Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta noite regresa 'Saudade de ti' ás pantallas da TVG

Esta noite regresa 'Saudade de ti' ás pantallas da TVG

G24.gal 26/07/2022 19:37

Seguro que moitos espectadores da Televisión de Galicia xa tiñan saudade dela, pois tranquilos, porque esta noite volve ‘Saudade de ti’.

O matrimonio entre Olga e Isidro parecía perfecto. A súa filla Celia pensaba neles como na parella perfecta, pero, ás veces, as cousas non son o que parecen.

Olga e Gaspar xuntos? Celia non o pode crer e, pouco a pouco, as mentiras irán caendo polo seu propio peso, como ben saberá Adela, a muller de Gaspar.

O peor para Adela non será a infidelidade en si, senón que sexa o seu propio fillo, Brais, o portador das malas novas.

Medio Abrente coñece o segredo de Gaspar e Olga, pero aínda quedan algúns á marxe destas mentiras.

As mentiras teñen data de caducidade e en Abrente esa data é moi curta. Perdoará Adela esta nova infidelidade de Gaspar? Contará Celia a verdade a Isidro? Poderá Isidro repoñerse desa verdade? As respostas, a partir desta noite, coa volta de ‘Saudade de ti’, na Televisión de Galicia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade