Espectáculo natural na fervenza do Ézaro cun salto de 40 metros
O espectáculo que ofrece estes días irá a menos, segundo as previsións meteorolóxicas
O río Xallas cae con forza ao mar no Ézaro, tras as abondosas choivas das últimas semanas. O espectáculo que ofrece estes días irá a menos, segundo as previsións meteorolóxicas.
"Lembrar que a fervenza está sempre con auga, non hai que vir un día determinado a vela, pero para gozar dela tal como está, tan rompedora e esplendorosa, si que hai que vir hoxe. Se a previsión de bo tempo continúa, non vai ter este caudal o resto da semana. Hai que aproveitar estes días", asegura Ada González Fernández, técnica de turismo do Concello de Dumbría.
Foron moitas as persoas que aproveitaron a fin de semana para visitar a fervenza. Houbo xente, pero sen aglomeracións e a visita, a xulgar polas valoracións, pagou a pena.
"Outras veces que vin estaba baleira, pero hoxe está preciosa, impresionante. Hoxe paga a pena vir".
"Está chulísima hoxe. Gústanos moito".
"Viñemos ver a fervenza desde A Coruña porque pensamos que con toda a chuvia que caeu toda a semana ía estar bastante chea".
"Non recordo vela con tanto caudal de auga. Moi bonita".
"É impresionante e déixanos unhas boas fotos".
Con toda a chuvia caída nos últimos meses, a fervenza amosa este inverno a súa mellor imaxe.
