Publicador de contidos

Publicador de contidos

España presentará alternativas para mellorar as capturas pesqueiras de 2023

España presentará alternativas para mellorar as capturas pesqueiras de 2023

O Goberno español defenderá un maior incremento de cotas de abadexo, linguado e lagostino no Atlántico

Tamén pedirán un aumento das capturas da pescada e o xurelo

G24.gal 05/12/2022 19:32 Última actualización 05/12/2022 20:02

España defenderá no próximo Consello de Pesca da Unión Europea alternativas ás propostas de Bruxelas para aumentar cotas importantes no Atlántico e frear os recortes do Mediterráneo.

O Consello de Pesca celebrarase os días 11 e 12 de decembro. O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reuniuse este luns cos conselleiros autonómicos para preparar a xuntanza europea.

No caso do Atlántico, España ten intereses en 18 das 26 poboacións que serán obxecto de negociación no Consello de Ministros de Pesca -que non abordará as cotas dos caladoiros do norte compartidos co Reino Unido-.

O Goberno español defenderá un maior incremento de cotas de abadexo, linguado e lagostino.

Agricultura destacou o caso da pescada ibérica (golfo de Cádiz, Galicia e Cantábrico), no que se prevé un aumento de cotas debido á recuperación do caladoiro, tras oito anos sucesivos de recortes.

Pola contra, a Comisión Europea propón para o xurelo unha cota cero e España apoia unha captura total de 15.513 toneladas, só para pesca accesoria.

E no Mediterráneo, España estima que debe limitarse ao máximo a nova redución dos días de pesca propostos pola Comisión Europea, dun 9,8 % sobre 2022, e avogou por elevar a porcentaxe prevista no mecanismo de compensación para recuperar unha parte -ata un 3 %- se de dan determinadas condicións.

O ministro considerou que as últimas avaliacións científicas permiten albiscar "certas melloras" no Mediterráneo, e que o novo recorte dos días de traballo supoñerá un "importante" impacto socioeconómico sobre a frota.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade