Publicador de contidos

Publicador de contidos

España pasa á segunda fase do Mundial con pleno de vitorias

España pasa á segunda fase do Mundial con pleno de vitorias

Derrotou con contundencia a débil Irán por 22-35

Agora xúntanse con Francia e Eslovenia para buscar os cuartos de final 

G24.gal 16/01/2023 21:52

España cumpriu o trámite diante de Irán e clasifícase para a segunda fase (Main Round) con dúas vitorias, o ideal para buscar os cuartos de final. Nesa segunda fase chegarán rivais de maior entidade porque se cruzarán con Francia, Eslovenia e Polonia, adversario dunha grande esixencia. 

O partido contra os iranianos non tivo historia e quedou sentenciado nun primeiro tempo en que os españois xa marcharon ao descanso con dez goles de vantaxe. Non xogou o galego Rodrigo Corrales, e o seu compañeiro Gonzalo Pérez de Vargas, con 12 paradas e un 36% de efectividade baixo os paus, foi o máis destacado do encontro. 

No segundo tempo, dedicáronse a xestionar a vantaxe e os minutos dos xogadores para os compromisos que veñen esta semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade