Cargando resultados...
España non empeza con bo pé e cae 83-69 ante Xeorxia no seu debut europeo
O equipo de Scariolo perdeu con claridade na súa estrea, nun partido no que case sempre estivo por detrás no marcador

G24.gal
28/08/2025 16:06
Última actualización 28/08/2025 16:10
A selección española de baloncesto non puido comezar cunha vitoria no seu debut ante Xeorxia (83-69) no Eurobasket 2025, este mércores en Limasol (Chipre), no choque correspondente ao grupo C.
A vixente campioa de Europa perdeu con claridade na súa estrea, nun partido no que case sempre estivo por detrás no marcador e tivo problemas para frear aos homes grandes de Xeorxia, como Goga Bitadze ou Sandro Mamukelashvili, que foi o mellor do encontro con 19 puntos, 7 rebotes, 6 asistencias e 24 de valoración.