Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudia Pina mete a selección española nas semifinais da Liga das Nacións

Claudia Pina mete a selección española nas semifinais da Liga das Nacións

Un dobrete da xogadora do Barcelona serviu para remontar o gol inicial de Inglaterra (2-1) que poñía en perigo a clasificación

G24.gal 03/06/2025 20:10 Última actualización 03/06/2025 20:44

A selección española feminina meteuse nas semifinais da Liga das Nacións grazas a un dobrete da xogadora do Barcelona Claudia Pina (2-1). Entrou no segundo tempo e os seus goles permitiron remontar o gol inicial de Inglaterra. Unha derrota tería eliminado a España. 

As inglesas estiveron todo o primeiro tempo sometidas ao dominio do conxunto de Montse Tomé. Pero nun contragolpe culminado por Alessia Russo (minuto 22) conseguiron materializar a súa única ocasión. 

España gozou de boas ocasións nas botas de Patri Guijarro ou Esther González pero non conseguiu marcar. Tampouco tivo sorte coas decisións arbitrais nunhas mans na área que non considerou como penalti a árbitra húngara. O segundo tempo seguiu co acoso español ata que no minuto 60 Claudia Pina acertou cun remate cruzado imposible para a porteira inglesa.

No medio do dominio español chegaría o segundo tanto, tamén marcado por Claudia Pina cun gran disparo desde a frontal da área. Quedaban menos de vinte minutos e a clasificación semellaba selada.

España, á que lle chegaba un empate, métese cunha soa derrota na fase de grupos e optará a engadir un novo título ao seu palmarés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade