Publicador de contidos

Publicador de contidos

España golea a Suíza e métese por primeira vez nos cuartos de final dun Mundial

España golea a Suíza e métese por primeira vez nos cuartos de final dun Mundial

A galega Teresa Abelleira foi titular e xogou 64 minutos

A selección española pasou por riba dun rival (5-1) que non recibira ningún gol ata o de agora no campionato

G24.gal 05/08/2023 08:40 Última actualización 05/08/2023 14:24

A selección española reaccionou con carraxe á derrota contra o Xapón e goleou a Suíza (5-1) para meterse por primeira vez nos cuartos de final dun Mundial feminino. A galega Teresa Abelleira foi titular e xogou 64. Foi substituída co partido decidido. 

Ben pronto se puxo a selección por diante cun gol de Aitana Bonmatí. 

Pero Suiza empatou grazas a un erro importante de Laia Codina. 

Pero a selección de Vilda demostraba a súa gran superioridade e antes do descanso marcoulle tres goles a un equipo suízo impotente en defensa. Redondo, Bonmatí e Codina marcaron os goles. 

Aínda quedaba un quinto tanto nunha xogada en que non perdoou Jenni Hermoso. A superioridade española foi total con 26 tiros a porta por 1 das suízas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade