Cargando resultados...
España endurece as restricións aos viaxeiros procedentes do Reino Unido
Só poderán acceder a territorio español se acreditan a pauta completa de vacinación
G24.gal
29/11/2021 15:12
O propósito de conter a nova variante levou o Goberno a aplicar novas restricións para os viaxeiros procedentes do Reino Unido que desembarquen nos aeroportos españois.
Ata o de agora, as persoas que desembarcaban dun voo procedente do Reino Unido podían entrar en España presentando ou ben un certificado de dobre vacinación ou ben unha proba diagnóstica de covid-19 con resultado negativo. A partir do 1 de decembro, esta segunda opción xa non será posible. Os pasaxeiros procedentes do Reino Unido só poderán acceder a territorio español coa dobre pauta de vacinación.