España e Francia volven retarse na semifinal da Liga das Nacións
Repítese a semifinal da última Eurocopa e a final da Liga das Nacións de 2021
A selección española afronta diante de Francia o partido das semifinais da Liga das Nacións na que leva un percorrido case perfecto. Dos oito partidos xogados ata o de agora non perdeu ningún (5 vitorias e 3 empates) con Fabián e Pedri como os únicos que participaron en todas as citas.
🎙️ "Para este vestuario la #NationsLeague no es un título menor. Una Final Four no se juega todos los días".
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) June 4, 2025
➡️ "Nosotros estamos con mucha motivación y queremos defender el título como actuales campeones".
🗣️ @Pedri, jugador internacional.#VamosEspaña pic.twitter.com/lnzbabrSpw
España chega á súa terceira fase final das catro edicións que se xogaron nesta innovadora competición. Tentará ser a primeira que retén o título acadado en 2023 e buscará o terceiro título consecutivo logo do triunfo na Eurocopa de 2024, precisamente superando a Francia nas semifinais. Contra os franceses teñen un longo historial de partidos. Sen ir máis lonxe na final da Liga das Nacións de 2021 España perdeu a final xogada en Milán.