Publicador de contidos

Publicador de contidos

España despide hoxe o ano con novo récord de contaxios e unha incidencia de 1.775

España despide hoxe o ano con novo récord de contaxios e unha incidencia de 1.775

É o terceiro país europeo con máis casos notificados nas últimas 24 horas

A maioría das comunidades celebran fin de ano con restricións 

G24.gal 31/12/2021 08:16

España multiplicou os contaxios por nove nun mes, a un ritmo nunca visto, rexistrando máximos históricos de positivos por décimo día. Máis de 160.000 nas últimas 24 horas elevan a incidencia a 1.775.

A presión hospitalaria segue contida, aínda que a ocupación das UCI aumenta lentamente e xa roza o 20 %.

Hai sete comunidades cunha incidencia superior a 2.000. Son Navarra, País Vasco, Aragón, Castela e León, A Rioxa, Madrid, que nas últimas horas celebraba as preuvas na Porta do Sol e esta noite tamén despedirá alí o ano cunha ocupación limitada a 7.000 persoas.

E entra tamén Estremadura no grupo de comunidades cunha incidencia superior a 2.000, e tampouco teñen restricións para esta Noitevella, igual que as dúas Castelas.

Tamén Canarias queda sen limitacións. Quería implantar o toque de recollida este noite pero tumboullo o seu tribunal de Xustiza por entender que supón unha importante restrición das liberdades individuais.

Esta sexta onda está golpeando con forza a atención primaria en toda España, colapsada polo seguimento dos casos leves, a gran maioría, e a xestión das baixas. De aí tamén que se reduciran as corentenas a 7 días, por unha valoración de risco-beneficio individuais e tamén sociais, segundo os expertos.

En toda Europa só Francia e Gran Bretaña superan a España no número de contaxios notificados nas últimas 24 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade