España derrota a Albania antes de xogar na Coruña
Vitoria no último minuto grazas a un gran gol de Dani Olmo nun amigable de preparación para o Mundial
A selección española derrotou a Albania no amigable de preparación para o Mundial de Qatar'22. Ferrán Torres e Dani Olmo, no minuto noventa, fixeron os goles do partido. Para Albania anotou o dianteiro do Granada Uzuni.
O encontro serviulle a Luis Enrique para probar novos xogadores que considera candidatos a entrar na lista definitiva para a cita mundialista. David Raya foi o porteiro elixido e volveu á titularidade Dani Carvajal logo de varias convocatorias ausente por lesión.
O equipo foi o formado por: Raya, Carvajal, Eric, Pau Torres, Marcos Alonso, Gavi, Rodri, Pedri, Ferrán Torres, Morata e Sarabia. Na segunda metade entraron Azpilicueta, Carlos Soler, Alba, Yeremy Pino e o goleador Dani Olmo.